Tuesday 21 de May de 2024

A AGASP imparte prácticas acuáticas e de rescate a máis de 200 axentes dun grupo de elite da Garda Civil


A actividade realizouse na academia e nas rías de Vigo e Pontevedra, así como nas propias instalacións do Grupo de Reserva e Seguridade de Pontevedra

Máis de 200 axentes dos Grupos de Reserva e Seguridade da Garda Civil (GRS) de toda España realizaron o curso de Prácticas Intensivas Acuáticas e de Rescate da Academia de Seguridade Pública da Estrada.

O curso realizouse en virtude do convenio que asinaron o pasado mes de novembro a Vicepresidencia da Xunta e o Ministerio do Interior para colaborar na formación e actualización do persoal dos Corpos de Seguridade do Estado destinados en Galicia.

A execución do convenio está dando lugar a diversas colaboracións coa Garda Civil, sendo este o primeiro curso que organiza a Agasp para o grupo de elite GRS. A actividade xa se impartiu na Academia e nas rías de Vigo e Pontevedra, así como nas propias instalacións do GRS en Pontevedra.

Agrupación de Reserva e Seguridade
O Agrupación de Reserva e Seguridade naceu en 1988 coa necesidade de agrupar as unidades de reserva da Garda Civil para mellorar o apoio ás unidades territoriais en resposta a eventualidades como incendios, inundacións, catástrofes e calamidades públicas, así como ás alteracións da orde pública na área de responsabilidade da Garda Civil.

A Agrupación de Reserva e Seguridade conta con oito grupos con base en Madrid, Sevilla, Valencia, Barcelona, Zaragoza, León, Pontevedra e Sta. Cruz de Tenerife. Un Escuadrón de Cabalería e a Unidade de Recoñecemento do Subsolo, con base en Madrid, completan o seu despregamento.